Street View fai 15 anos
Street View naceu en 2007 como unha idea ambiciosa de crear un mapa do mundo en 360º. Desde aquela, tomamos uns 220 000 millóns de imaxes e percorremos máis de 16 millóns de quilómetros en 100 países e territorios en total.
Durante o percorrido, descubriches o espazo, o océano e todos os lugares impresionantes que hai no medio, e sempre atopaches o camiño de volta á casa.
Descubre localizacións emblemáticas de Street View
-
Navega sen rumbo polos fiordes xeados de Groenlandia
-
Escala a parede rochosa de El Capitán (val de Yosemite) coa axuda dun escalador profesional
-
Goza dunhas vistas espectaculares de París desde a Torre Eiffel
-
Visita a impresionante Gran Mesquita Sheikh Zayed
-
Coñece o único loro do mundo que non pode voar, en Nova Zelandia
-
Explora os antigos templos do Machu Picchu
Novidades en Street View
Novidade: viaxa no tempo
Agora podes ver como mudaron os lugares co paso do tempo grazas ás imaxes históricas de Street View na aplicación Google Maps.
Descarga a aplicación Google Maps
As nosas 15 vistas favoritas
Goza dalgunhas das vistas máis impresionantes que nos ofrece o noso planeta, desde o Festival de Xeo de Mongolia ata as casas flotantes no lago Titicaca.