Fontes das fotografías
As fotos de Street View proveñen de dúas fontes: Google e os nosos colaboradores.
O noso contido
O contido de Google atribúese a "Street View" ou "Google Maps". Desenfocamos automaticamente os rostros e as matrículas nas nosas imaxes.
Contido doutros colaboradores
O contido achegado polos usuarios colaboradores vai acompañado do nome dunha conta á que se pode acceder mediante un toque ou un clic e, nalgúns casos, dunha foto do perfil.
O que fai Google para ofrecerche Street View
Para compartir imaxes de Street View, o equipo de enxeñeiros está traballando duramente entre bastidores. Bota unha ollada ao que fai o noso equipo para poder ofrecerche Street View.
-
PASO 1
Recompilación de imaxes
Primeiramente, precisamos percorrer lugares e fotografar as localizacións para amosalas en Street View. Temos en conta moitos factores, entre eles as condicións atmosféricas e a densidade de poboación de varias zonas, para determinar cando e onde podemos obter as mellores imaxes.
-
PASO 2
Aliñación de imaxes
Para que cada imaxe se corresponda coa súa localización xeográfica no mapa, combinamos os sinais dos sensores do coche que miden as coordenadas GPS, a velocidade e a dirección. Deste xeito podemos reconstruír a ruta exacta do coche e mesmo inclinar e volver aliñar as imaxes segundo sexa necesario.
-
PASO 3
Conversión de fotografías en fotos en 360º
Para que non queden espazos nas fotos en 360º, as cámaras adxacentes sacan fotos que se solapan un pouquiño; logo unímolas para crear unha única imaxe en 360º. A continuación aplicamos algoritmos especiais para procesar as imaxes, que atenúan os puntos de unión e crean transicións suaves.
-
PASO 4
Mostrámosche a imaxe adecuada
A rapidez coa que os láseres se reflicten nas superficies indícanos a distancia á que se atopa cada edificio ou obxecto e permítenos construír modelos en 3D. Cando te moves a unha zona situada lonxe, o modelo en 3D determina cal é a mellor panorámica que che pode mostrar para esa localización.

A onde imos
Percorremos moitos países co coche de Street View para ofrecerche imaxes que melloren a túa experiencia e che axuden a descubrir o mundo que te rodea. Bota un ollo á lista dos seguintes países que percorreremos en coche ou nas expedicións.
Rexión | Distrito | Hora |
---|---|---|
{[value.region]} | {[value.districts]} | {[value.datestart| date:'MM/yyyy']} - {[value.dateend| date:'MM/yyyy']} |
Debido a factores que escapan ao noso control (condicións meteorolóxicas, peches de estradas, etc.), sempre é posible que os nosos coches non estean en funcionamento ou que se produzan pequenos cambios. Ten en conta tamén que, aínda que na lista se especifique unha cidade en concreto, pódense incluír cidades e vilas máis pequenas que estean a pouca distancia en coche.
Onde estivemos
As zonas de cor azul do mapa mostran onde está dispoñible Street View. Achega o zoom para aumentar o nivel de detalle ou explora este contido cos nosos sitios web e aplicacións.
Frota de Street View propiedade de Google
Descubre a nosa frota de Street View.
-
Coche de Street View
Levamos percorrido un longo camiño desde o noso lanzamento inicial nos Estados Unidos en 2007. Na actualidade, ampliamos as nosas fotos en 360º para incluír lugares dos sete continentes.
-
Trekker de Street View
A Trekker permite a Street View mostrar máis lugares por todo o mundo; lugares aos que non se pode acceder en coche, triciclo, carriño nin moto de neve. Esta mochila está equipada cun sistema de cámaras na parte superior e, ao levala posta, permite recompilar imaxes ao tempo que se sortea o paso por espazos estreitos ou lugares aos que só se pode acceder a pé. A primeira recompilación de imaxes que fixemos utilizando esta tecnoloxía de cámaras foi no rochoso e abrupto terreo do Gran Canón, en Arizona.
-
Carriño de Street View
Cando un grupo de empregados de Google amantes da arte quixeron introducir a tecnoloxía de Street View nos museos de todo o mundo, tivemos que desenvolver un sistema que puidese pasar facilmente polas portas dos museos e arredor das esculturas. Para esta primeira incursión no interior dun edificio houbo que axustar todos os equipos necesarios a un marco máis pequeno: un sistema de cámaras instalado nun carriño. Non soamente ten recollido imaxes do interior de museos, senón tamén do interior doutros lugares, como a Casa Branca e varios estadios deportivos.
-
Moto de neve de Street View
Outro sitio ao que pensamos que sería divertido levar as cámaras de Street View son as pistas de esquí. Tras algunhas fins de semana utilizando varios vehículos 2x4, cinta americana e discos duros adicionais envoltos en cazadoras de esquí para soportar as condicións de frío intenso, o equipo conseguiu montar os aparatos de Street View nunha moto de neve. Agora, os esquiadores e os afeccionados ao snowboard e ás andainas con raquetas poden explorar a montaña de Whistler Blackcomb e o terreo montañoso e nevado de moitas estacións de esquí dos arredores.
-
Triciclo de Street View
Para cidades con rúas pequenas tivemos que pensar nun vehículo o suficientemente forte como para soster a Trekker de Street View. Para acceder a algunhas das calellas máis estreitas, o noso equipo de enxeñeiros decatouse de que a motocicleta Selis Robin de Indonesia é unha excelente solución. Coñece o triciclo de Street View. Este vehículo ten un mastro adicional, especificamente deseñado para proporcionar maior estabilidade á Trekker de Street View.